Hai xa 9 anos que o polbo ten o seu espazo reservado en Palmeira. Esta fin de semana celebrouse a novena edición da Festa do Polbo, unha cita ineludible na comarca para os amantes do rei do cefalópodo. Centos de persoas achegáronse entre o sábado e o domingo ao porto palmeirán para degustar o polbo elaborado por Pulpería García.