Veciños e veciñas de Aguiño saíron un venres máis á rúa para denunciar a situación na que se atopa o centro de saúde. Actualmente só hai unha doutora atendendo aos pacientes xa que a outra titular da praza está de baixa dende outubro. Antes do verán foron cubrindo a praza con diferentes facultativos e en determinados horarios. Algo que se detivo coa chegada do verán.

