O verán é sinónimo de movemento nas lonxas locais e a de Aguiño tivo esta mañá unha actividade elevada. Os profesionais da confraría local están a ir practicamente todos os días ao mar o que está a deixar navalla, ameixa e percebe na rula. Aínda que non todos os produtos están a ter o mesmo rendemento económico.

