ESHAN AHMANDI, ERNESTO GÓMEZ E SEBASTIÁN GIRALDO VESTIRÁN O BRANCO DO ROTOGAL ESTA CAMPAÑA 23-24
A temporada regular do voleibol comezará en outubro cando o Rotogal Boiro Voleibol volva ás pistas. Este regreso á competición estará marcado pola chegada de caras novas que se suman ao equipo para defender os intereses brancos na categoría de prata do volei nacional. Ademais dos movementos xa anunciados, os boirenses engaden ás súas filas a Sebastián Giraldo, Eshan Ahmandi e Ernesto Gómez.