12.9 C
Chicago
24 octubre, 2026
Image default

O CD BOIRO RECIBE AO GRAN PEÑA EN BARRAÑA CO OBXECTIVO DE SUMAR A VITORIA E CONSOLIDAR O SEU LIDERADO

Os boirenses chegan a esta nova cita ligueira no seu mellor momento da tempada e coa moral alta. Tras un arranque esixente no que xa disputaron ata sete derbis comarcais, o conxunto do Barraña mantense na cabeza da clasificación con 16 puntos, froito de cinco triunfos, un empate e unha soa derrota.
Coa plantilla a punto tras recuperar aos xogadores lesionados, o vestiario procurará manter a constancia no xogo e dar continuidade á boa racha de resultados para seguir firmes na loita polo playoff.
Con todo, no cadro boirense teñen claro que non deben confiarse a pesar de que o Gran Peña ocupe actualmente a décimo quinta posición. A cita será este domingo, 25 de outubro, ás 17:00h no Municipal do Barraña, onde os locais procurarán dar un novo golpe de autoridade ante o seu público nunha competición cada vez máis apertada.

Related posts

TRAS O PARÓN DE SELECCIÓNS, VOLVE A COMPETICIÓN Á PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA

CloudyX

ABRE A INSCRICIÓN PARA A CLÁSICA CARREIRA SIN-SON 10K QUE CONECTARÁ PORTOSÍN E PORTO DO SON O 20 DE DECEMBRO

CloudyX

ANGELLO VÁZQUEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO NEOPROFESIONAL DE BOXEO TRAS VENCER A ISMAEL RIVEIRO NA VELADA SKT FIGHTERS

CloudyX