A VECIÑANZA CONTINÚA SAÍNDO ÁS RÚAS PARA PEDIR UN MÉDICO A TEMPO COMPLETO, MENTRES O SERGAS GARANTIU UN FACULTATIVO ATA FINAIS DE AGOSTO NO CENTRO DE SAÚDE ATA CUBRIR A PRAZA POR CONCURSO DE MÉRITOS ESTE SETEMBRO
Reclamar igualdade cada semana, eso é o que fai a veciñanza da parroquia ribeirense de Corrubedo cada xoves. Unha chamada de atención para que o Sergas contrate un médico a tempo completo que de servizo no centro de saúde. Esta mañá estiveron acompañados por membros do Concello.




