Compartir os beneficios do peixe na alimentación e facerllo atractivo aos máis pequenos da casa. Este foi un dos obxectivos que persegue a OPP83 Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira que está a promover diferentes accións para dar a coñecer o mundo do mar, as súas especies e a importancia dunha alimentación saudable nos centros escolares do municipio. Ademais de dar a coñecer o lirio de Ribeira, especie clave para a flota local e a lonxa. Esta mañá realizou unha actividade educativa no CPR La Milagrosa, acción moi ben recibida polos responsables do colexio.

