Cada ano o Concello de Ribeira e as entidades sociais que operan no municipio xúntanse para asinar convenios de colaboración. Hoxe asináronse e o goberno municipal corroborou a súa colaboración con dez asociacións cunha achega de 34.000 euros cos que se financiarán os proxectos impulsados polas entidades.

