O Concello de Outes conta cun novo goberno de coalición tras o pacto alcanzado por Comprimiso Outes, BNG e PSOE para esta lexislatura. Hai caras novas no Executivo local, pero outras mantéñense, como o alcalde, Manuel González. O venres definiuse a corporación e o goberno outiense, que xa ten definidos moitos puntos do seu camiño.