A vixésimo novena xornada da Preferente deixou dúas vitorias e unha derrota no casilleiro dos equipos da comarca. A parte negativa foi para o Noia, que non aproveitou o empate da Sarriana ao caer por 1-0 contra o San Tirso. Por outra banda o Boiro volveu á senda do triunfo tras gañar pola mínima ao Sigüeiro mentres que o Unión segue no seu empeño por lograr a permanencia ao firmar unha nova vitoria ante o Portomarín.