Ribeira acolleu onte tamén o mitin do BNG. A Casa do Mar foi o lugar escollido para presentar aos asistentes a proposta dos nacionalistas para ser a opción elixida polos votantes. A voceira nacional, Ana Pontón, fixo un chamamento para concentrar no BNG o voto galego o 29N.

