Barraña abriu as súas portas para albergar a décimo segunda xornada da Terceira RFEF e o Boiro divertiuse para facer vibrar á súa afección e esquecer a última derrota sufrida ante o Barco. O conxunto adestrado por José Tizón mediuse ao Portonovo ante o que sumou a oitava vitoria do curso comandada por Mario Prol. O santiagués foi a referencia local e o que levou a batuta do seu equipo para vencer por 6-2.

