27 C
Chicago
11 octubre, 2026
Image default

LARA IGLESIAS E ENZO LÓPEZ PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS

Castellón da Plana acolle a partir de mañá o Campionato de España de Lanzamentos Largos de Categorías Menores. As probas desenvolveranse nas pistas de Gaeta Huget e nelas competirán Lara Iglesias Suárez e Enzo López Moure, do Club Atletismo Barbanza.

Ambos afrontan esta proba con ilusión e con gañas, a pesar de estrearse na categoría sub18 en lanzamento de xavelina. Tanto Iglesias como López teñen opcións de loitar polos postos de honra nos apartados feminino e masculino respectivamente xa que nos primeiros meses da temporada están a demostrar que están nun bo momento de forma. Por iso ocupan postos altos no ranking nacional sub18.

Os dous lanzadores veñen de firmar unha gran actuación no Centro Nacional de Lanzamentos de Portugal, onde Lara Iglesias alcanzou os 43,19 metros e Enzo López os 55,80. Mañá comezarán a súa andadura neste campionato de España onde competirán a partir das 15.30 horas.

Related posts

O ROTOGAL BOIRO DEBUTA ESTE FIN DE SEMANA NA CACHADA ANTE O UBE L’ILLA GRAU TRAS O APRAZAMENTO CONTRA O BARÇA

CloudyX

O BOIRO AFRONTA A NOVA XORNADA CO OBXECTIVO DE VOLVER A PUNTUAR

CloudyX

A PRIMEIRA FUTGAL PRESÉNTASE CON GRANDES RETOS PARA OS EQUIPOS DA COMARCA

CloudyX