19 agosto, 2026
Image default

O AUDIOVISUAL FEMININO COLLE FORZA EN MARES DA FIN DO MUNDO.

Tras 5 días de inmersión cinéfila, a V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo en Outes chega o seu fin coa entrega de galardóns.

O filme “Tatuado nos ollos levamos o pouso” de Diana Toucedo foi premiado á Mellor Película da Competición Oficial (trofeo “O Faro”). O xurado profesional valorou a “marcada proposta autoral cun achegamento poético ao marisqueo en Galicia”, así como a “posta en valor do patrimonio inmaterial dos oficios tradicionais do mar”.

Mención especial a Xisela Franco por Atalaia/Piueiro. Filme merecedor desta distinción pola “creatividade na utilización de distintos recursos, destacando a recuperación de arquivos históricos, coa visibilización dos oficios atlánticos en risco de desaparición”, segundo aclaro o xulgado. E, o premio concedido polo público foi para a obra Last of Us, de Andrea Marcovicchio.

Durante o acto de clausura proxectáronse tamén as obras do Obradoiro de Cinema con Móbiles e procedeuse á entrega de diplomas aos participantes nesta actividade de formación de novos públicos. Ademais o acto incluíu a saída do veleiro histórico Joaquín Vieta, que leva máis dun século navegando e permitindo aos asistentes coñecer a ría de Muros e Noia dende o mar. A Asociación Terra de Outes sumouse a esta travesía coas súas embarcacións tradicionais.

E para pechar esta quinta mostra Mares da Fin do Mundo, proxectouse Spitsbergen, o Gardián do Ártico, de Ignacio Benedeti (España, Galicia, 2021). Filme que expón as nefastas consecuencias do cambio climático e o quecemento global.

Related posts

MÁIS DE 60.000 EUROS PARA MELLORAR DOUS EQUIPAMENTOS SOCIAIS DE OUTES

CloudyX

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX