A Mostra Internacional de Cinema Documental, Mares da Fin do Mundo suma unha nova entrega que se desenvolverá integramente no concello de Outes. A primeira actividade vencellada a esta quinta edición do certame foi a gravación do programa de radio Mar de Ardora, e esta tarde deu oficialmente o pistoletazo de saída. As 17.30 horas inaugurouse coa exposición fotográfica AIPAA 2022 e coa proxección da película Luzzu.

