0 A ponte de Ceilán, que une os concellos de Noia e de Outes, pronto presentará un novo aspecto. A Xunta iniciou as obras de conservación desta infraestrutura que se atopa na AC-550 e na que o Goberno galego investirá máis de 500.000 euros.