6 septiembre, 2026

4 DÍAS DE FESTA NA HONRA Á VIRXE DE FÁTIMA. SAN MARTIÑO DE OLEIROS ESTÁ DE CELEBRACIÓN DENDE HOXE ATA O DOMINGO

Misa, pasarrúas, inchables, contacontos e música conforman a programación da parroquia San Martiño de Oleiros na honra á virxe de Fátima. Unha celebración que comezou esta tarde e durará ata o domingo.
O venres haberá pasarrúas ás catro e media da tarde cun grupo de gaitas; rosario e misa cantada polo coro Portavoces ás 19:30 horas. A noite será musical coa cantante Mariú a partir das 22:30 horas e con Javi Machito DJ.
A terceira xornada de celebración arrancará ás 16:30 horas co pasarrúas do grupo de gaita Xiada. Para os pequenos e pequenas haberá contacontos e inchables dende as cinco da tarde. No caso de choiva haberá talleres. A misa cantada e rosario será ás 19:30 horas.
A verbena da noite estará amenizada pola cantante Mar Davila, e deseguido, sesión musical con Javi Machito DJ.
Xa o domingo, haberá alborada co grupo Xiada, concerto do grupo de mariachis Galicia es México, ás 18 horas. De cara ao final, terá lugar un rosario e misa solemne ás 19:30 horas, e a procesión de velas co acompañamento de Galicia es México.

Related posts

RIBEIRA FOI O EPICENTRO NACIONAL DA INVESTIGACIÓN

CloudyX

A OPOSICIÓN DE RIBEIRA PIDE UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ABORDAR O FUTURO DA RESIDENCIA PÚBLICA DE MAIORES

CloudyX

A ASOCIACIÓN RENACER RENOVA OS SEUS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E EDUCACIÓN EMOCIONAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

CloudyX