O inicio de xuño foi tamén o comezo do Obradoiro de Emprego Tahume XI, no que participan os concellos de Ribeira e O Porto do Son. A vintena de alumnos que se están a formar nel arrancaron xa a parte práctica e esta mañá as concelleiras de Ribeira Carmen Pérez e Ana Barreiro desprazáronse ata Aguiño. O alumnado especializado en carpintería comezou a renovación do paseo de madeira do Carreiro.

