Os grupos nacionalistas de Noia e Outes denunciaron unha vez máis a mala conexión de transporte por estrada con Ribeira e Santiago. O BNG de Noia apunta que cada vez queda máis xente agardando por un autobús nas estacións, esperando por un servizo que non se dá.
