O Concello de Outes converterase nestes días en capital europea. O municipio está a albergar a un cento de participantes do proxecto Erasmus que hoxe se reuniron no IES Poeta Añón. Pasarán tres días na localidade no marco de dúas iniciativas do Erasmus plus, unha delas impulsada por Outes.
