O contador da volta ao cole segue restando horas para que as aulas volvan a encherse de nenos. Onde xa comezou o novo curso foi nas escolas de educación infantil galegas. O centro de O Pino, ademais de recibir aos nenos, contou coa visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen salientou a aposta do Goberno autonómico pola gratuidade deste servizo para todas as familias da comunidade.
