O contador da volta ao cole segue restando horas para que as aulas volvan a encherse de nenos. Onde xa comezou o novo curso foi nas escolas de educación infantil galegas. O centro de O Pino, ademais de recibir aos nenos, contou coa visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen salientou a aposta do Goberno autonómico pola gratuidade deste servizo para todas as familias da comunidade.
RUEDA DESTACOU QUE GALICIA É A ÚNICA COMUNIDADE DE ESPAÑA NA QUE A EDUCACIÓN INFANTIL DE 0 A 3 ANOS É TOTALMENTE GRATUÍTA PARA TODAS AS FAMILIAS

