Unha das pontes máis transitadas para visitar Outes contará cunha mellora. A Ponte Ceilán, situada na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Noia e Outes, será renovada tras adxudicarse a obra nun segundo intento. A empresa Díez y Compañía SA será a encargada da actuación de conservación que se realizará na ponte, e contan cun prazo de execución de 6 meses.
