Icono del sitio CanalBarbanza.com

A PONTE CEILÁN SERÁ MELLORADA GRAZAS ÁS OBRAS DE CONSERVACIÓN QUE DESENVOLVERÁ A XUNTA.

Unha das pontes máis transitadas para visitar Outes contará cunha mellora. A Ponte Ceilán, situada na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Noia e Outes, será renovada tras adxudicarse a obra nun segundo intento. A empresa Díez y Compañía SA será a encargada da actuación de conservación que se realizará na ponte, e contan cun prazo de execución de 6 meses.

Salir de la versión móvil