15 noviembre, 2026

A FEIRIÑA DE OUTES FOI TODO UN ÉXITO

Este sábado pasado, a rúa da Capela en Outes encheuse de xente que acudiron a algún dos 40 postos que estiveron dispostos pola zona ao aire libre. Neles puidéronse atopar bens de todo tipo, desde roupa, confección, produtos de agro e gastronómico, agasallos. A apertura da feira foi ás 11 da mañá, e ao longo da mañá e do día leváronse a cabo diferentes actuacións dirixidas ao público infantil e familiar. Así mesmo houbo unha sesión vermí, bandas de rock e pop. Foi todo un éxito, xa que o principal obxectivo que era impulsar o comercio local, unha das apostas do goberno dirixido por Manuel González, cumpriuse con grandes números. Unha terceira edición, que deixa ver que haberá moitas máis nos vindeiros anos.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX