O 2020 trouxo novas iniciativas á comarca. Unha delas é A Feiriña, aposta realizada polo Goberno local de Outes para promover o comercio local. Este sábado día 20 terá lugar a terceira edición desta cita que se desenvolverá na rúa da Capela, onde os comerciantes do municipio amosarán os seus produtos.
