Ribeira volveu a disfrutar dunha das grandes citas nas súas tradicionais festas do verán. Na xornada do sábado os ribeirenses honraron á virxe do Carme, como se facía antes. A cita volveu tras dous anos de ausnecia por mor da covid. Foron centos de fieis os que participaron nunha procesión á cal tamén se sumaron numerosos turistas. Nas inmediación da lonxa foron algúns os barcos que estiveron agardando no porto a que chegar a virxe do Carme. No interior da lonxa houbo unha cerimonia con música de gaiteiros, ata que chegou a imaxe do Carme, a cal foi levada a hombros desde o Porto. Logo da procesión en barco, a Virxe foi levada ata a igrexa de Santa Uxía, onde finalizou a celebración dunha figura que protexe á xente do mar.
