18.1 C
Chicago
21 agosto, 2026
Image default

O FUTURO DA ANTIGA FÁBRICA DE CERQUEIRA PASA POR CONVERTELA NUN ESPAZO MULTIUSOS, ACCESIBLE E ABERTO Á CIDADANÍA

A antiga fábrica de Cerqueira mira xa cara ao futuro. O Concello de Ribeira acaba de pechar a súa enquisa participativa para coñecer que usos quere a veciñanza para este edificio, adquirido por medio do Plan de Sustentabilidade Turística por medio millón de euros.
Das 192 respostas recibidas despréndese unha idea clara: manter a identidade mariñeira, conserveira e industrial do inmoble, respectando a súa arquitectura, pero convertelo nun espazo vivo e multiusos.
Un lugar para o encontro veciñal e a actividade asociativa, pero tamén para acoller mercados e feiras, concertos, exposicións, obradoiros, cursos ou actividades turísticas. Entre as peticións da cidadanía tamén está a accesibilidade universal.

Related posts

VERÁN DE BOAS VENTAS NOS CONCESIONARIOS DA COMARCA

CloudyX

O CALOR DISPAROU A COMPRA DE AIRES ACONDICIONADOS E VENTILADORES NA COMARCA

CloudyX

RIBEIRA LEMBROU O DÍA DA GALIZA MÁRTIR CUN ROTEIRO POLA MEMORIA

CloudyX