O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaron hoxe as instalacións do campamento xuvenil Marina España, en Bergondo (A Coruña), onde coñeceron de primeira man as actividades que se están a desenvolver. Rueda destacou que o Goberno galego impulsa este ano a maior campaña de verán da súa historia para fomentar a conciliación das familias.
