Icono del sitio CanalBarbanza.com

RUEDA AFIRMOU QUE O GOBERNO GALEGO IMPULSA ESTE ANO A MAIOR CAMPAÑA DE VERÁN DA SÚA HISTORIA A TRAVÉS DA QUE BUSCAN FOMENTAR A CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS NESTE PERÍODO ESTIVAL

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaron hoxe as instalacións do campamento xuvenil Marina España, en Bergondo (A Coruña), onde coñeceron de primeira man as actividades que se están a desenvolver. Rueda destacou que o Goberno galego impulsa este ano a maior campaña de verán da súa historia para fomentar a conciliación das familias.

Salir de la versión móvil