Casa Barqueo de Negreira impulsou unha cita solidaria en torno ao Camiño de Santiago, coñecida como “Estrelas no Camiño”. Nela participaron numerosos cociñeiros, algúns de renome como o televisivo Jordi Cruz ou os irmáns Torres, que chegaron hoxe á praza do Obradoiro. Entre todos os cociñeiros que se apuntaron á iniciativa suman 69 estelas Michelin, dos cales 8 son galegos.
