Icono del sitio CanalBarbanza.com

HOXE CHEGARON AO OBRADOIRO OS COCIÑEIROS QUE PARTICIPAN EN ESTRELAS NO CAMIÑO, ENTRE OS QUE SE ENCONTRAN O RECOÑECIDO CHEF JORDI CRUZ

Casa Barqueo de Negreira impulsou unha cita solidaria en torno ao Camiño de Santiago, coñecida como “Estrelas no Camiño”. Nela participaron numerosos cociñeiros, algúns de renome como o televisivo Jordi Cruz ou os irmáns Torres, que chegaron hoxe á praza do Obradoiro. Entre todos os cociñeiros que se apuntaron á iniciativa suman 69 estelas Michelin, dos cales 8 son galegos.

Salir de la versión móvil