15.7 C
Chicago
21 septiembre, 2026

A FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO MANTÉN A DECISIÓN DE NON INCLUIR O RALLY DE NOIA NO PRECALENDARIO OFICIAL DA TEMPADA

Malas noticias para a Escudería Berberecho. Logo de que a semana pasada a Federación Galega de Automobilismo anunciara o precalendario da tempada de rally sin incluir ao Rali de Noia, este domingo, na asemblea que mantiveron os responsables dos diferentes rallis e as federacións, o Presidente da Federación Galega mantén a decisión de non incluir ao Rali de Noia no precalendario. Desde a Escudería Berberecho Noia apuntan que non se lle deron explicacións de porque quedan exlucidos e tampouco entenden a decisión. Os noieses sinalan que pode deberse a un desencontro entre a directiva da súa escudería e a Federación Galega de Automobilismo, logo de diversas discusión en asembleas anteriores. De momento o Rali de Noia non está no precalendario, pero desde a Escudería agardan que rectifiquen e os inclúan no Calendario Oficial que sairá en decembro.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI ESTRÉASE COMO VISITANTE NA PISTA DO JAÉN

CloudyX

O CD BOIRO AFRONTA UN NOVO E ESIXENTE RETO LIGUEIRO NA TERCEIRA FEDERACIÓN.

CloudyX

NOVA OPORTUNIDADE DE SUMAR NA PRIMEIRA FUTGAL

CloudyX