Nova fin de semana de competición na Liga Prime Futsal. O Noia Portus Apostoli vivirá o seu primeiro desprazamento da temporada neste segundo compromiso. Os brancos visitan este domingo a pista do Jaén Paraíso Interior, rival de nivel ante o que agardan alongar o seu bo inicio ligueiro despois de empatar no Agustín Mourís ante ElPozo Murcia.

