O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá ás zonas afectadas polos lumes rexistrados nas provincias de Lugo e Ourense. Rueda garantiu á poboación que os traballos de extinción continuarán arreo ata que se controlen os incendios. O presidente da Xunta achegouse ao posto de mando avanzado da Pobra de Brollón desde o que se xestionan os lumes rexistrados na provincia, acompañou os veciños desaloxados en Triacastela, coñeceu in situ as zonas afectadas polo lume en Folgoso do Caurel.
