Icono del sitio CanalBarbanza.com

RUEDA GARANTIU QUE O GOBERNO GALEGO TRABALLA CON TODOS OS EFECTIVOS E MEDIOS DISPOÑIBLES PARA CONTROLAR OS INCENDIOS QUE SE ESTÁN A PRODUCIR EN GALICIA.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá ás zonas afectadas polos lumes rexistrados nas provincias de Lugo e Ourense. Rueda garantiu á poboación que os traballos de extinción continuarán arreo ata que se controlen os incendios. O presidente da Xunta achegouse ao posto de mando avanzado da Pobra de Brollón desde o que se xestionan os lumes rexistrados na provincia, acompañou os veciños desaloxados en Triacastela, coñeceu in situ as zonas afectadas polo lume en Folgoso do Caurel.

Salir de la versión móvil