Logo das protestas veciñais que se deron en Palmeira pola falta de médico na Casa do Mar e para evitar o posible peche do mesmo, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, vén de anuncias que o Sergas non pensa nin pensou en cesar a actividade en Palmeira. Ruiz mantivo onte unha reunión coa xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, e coas subdirectoras de Atención Primaria e Enfermaría pola falta de persoal.
