O salón de plenos do Concello da Pobra acolleu onte unha sesión extraordinaria na que se tratou un único punto: a proposta para o inicio do expediente de municipalización do Servizo de Axuda no Fogar. A través deste proceso búscase mellorar a estabilidade dos usuarios e das traballadoras, á vez que se garante a calidade do servizo. O grupos socialista e Nós Pobra apoiaron a proposta encabezada pola concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo.
