Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PLENO DA POBRA DÁ LUZ VERDE AO INICIO DO EXPEDIENTE DE MUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O salón de plenos do Concello da Pobra acolleu onte unha sesión extraordinaria na que se tratou un único punto: a proposta para o inicio do expediente de municipalización do Servizo de Axuda no Fogar. A través deste proceso búscase mellorar a estabilidade dos usuarios e das traballadoras, á vez que se garante a calidade do servizo. O grupos socialista e Nós Pobra apoiaron a proposta encabezada pola concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo.

Salir de la versión móvil