Este fin de semana Rianxo vivirá unha xornada de puro deporte. Así, o sábado 2 de xullo 90 triatletas participarán na segunda edición do Campionato Xunta de Galicia Tricros Concello de Rianxo. A proba contará con 750 metros de percorrido a nado, 21 km en bicileta e 5,2 de carreira. O psitoletazo de saída será a partir das 16:30 horas. O Club Triatlón Rianxo aportará preto de 20 representantes, e varios con opcións de achegarse ao podio. A proba está organizada polo Concello e o Club Tríatlon Rianxo, e acollerá as categorías absoluta, junior, sub 23 e veteranos. A praia da Torre será o escenario deste Campionato Xunta de Galicia Tricros Concello de Rianxo.
