O Concello Noiés vén de poñer en marcha unha nova campaña de Noia Florece, como vén sendo habitual estes últimos anos. O rasgo máis disntintivo desta iniciativa é a disposición de maceterios e flores polas rúas de Noia, onde xa se poden atopar en diversas entradas aos comercios locais. Así mesmo, este ano contaron coa colaboración da Asociación Misela, e con Vella Escola, para o pintado de murais.
