15 noviembre, 2026

AS OBRAS DE CONSERVACIÓN DA PONTE CEILÁN NA AC-550 AO SEU PASO DE NOIA A OUTES SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 500 MIL EUROS.

A Xunta recibiu 4 ofertas de empresas para executar as obras de conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Noia e de Outes, que suporán un investimento autonómico de 505.000 euros.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actuará neste ponte, situada no punto quilométrico 69 da vía autonómica que une os municipios de Noia e de Outes, co obxectivo de aumentar a seguridade dos peóns mediante a substitución da varanda actual por unha nova.
Para acometer esta intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, o contrato prevé que a varanda veña xa fabricada e pintada do taller en tramos de 6 metros co fin de proceder á súa instalación de xeito rápido.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX