20.1 C
Chicago
20 agosto, 2026

O GOBERNO LOCAL DE OUTES TRABALLA NA AMPLIACIÓN DE PRAZAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

O Concello de Outes vén de informar de que está realizando os trámites para ampliar as prazas de Educación Infantil que actualmente oferta a través do Punto de Atención á Infancia (PAI). O alcalde, Manolo González, recordou que no ano 2020 se ampliaran os servizos ofrecidos polo centro, aumentando horarios e persoal para garantir a oportunidade dunha conciliación efectiva ás familias de Outes. O anterior, xunto coa extensión da gratuídade por parte da Xunta de Galicia -inicialmente aos segundos fillo/as e agora a todos os usuarios de educación infantil- provocou que a demanda deste servizo se vira incrementada, razón pola cal se fai oportuno ampliar a oferta de prazas.

Related posts

MÁIS DE 60.000 EUROS PARA MELLORAR DOUS EQUIPAMENTOS SOCIAIS DE OUTES

CloudyX

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX