Fundamar e o Goberno galego presentaron en Vigo unha campaña de información e sensibilización para divulgar as conclusións do estudo integral sobre as necesidades preventivas nos buques pesqueiros que desenvolveron de forma conxunta. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na xornada “Prevención e sensibilización on perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais no sector pesqueiro”, que estivo dirixida a persoal das tripulacións, empresas armadoras, futuros profesionais do sector.
