Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA E FUNDAMAR SUMAN ESFORZOS NUNHA CAMPAÑA PARA SENSIBILIZAR SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO NO SECTOR DA PESCA

Fundamar e o Goberno galego presentaron en Vigo unha campaña de información e sensibilización para divulgar as conclusións do estudo integral sobre as necesidades preventivas nos buques pesqueiros que desenvolveron de forma conxunta. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na xornada “Prevención e sensibilización on perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais no sector pesqueiro”, que estivo dirixida a persoal das tripulacións, empresas armadoras, futuros profesionais do sector.

Salir de la versión móvil