O Concello de Outes está a executar diversas obras de mellora en varios núcleos rurais do municipio. Nos últimos días rematáronse melloras nos interiores dos lugares de Filgueiro e Cuns, na parroquia de Cando, así como no lugar de Cures, na parroquia de Outes. Estas actuacións están financiadas con recursos do POS+2021 e valoradas en perto de 45.000 € . O alcalde de Outes destacou o esforzo do goberno polo rural.
