O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe o centro de saúde PAC do Porriño con motivo da súa ampliación. Alí o titular do Goberno galego afirmou que remitiu unha carta á ministra de Sanidade, Carolina Darias, para que os futuros residentes poidan escoller 64 prazas de medicina familiar. Acreditación solicitada pola Administración autonómica en novembro.
