O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe o centro de saúde PAC do Porriño con motivo da súa ampliación. Alí o titular do Goberno galego afirmou que remitiu unha carta á ministra de Sanidade, Carolina Darias, para que os futuros residentes poidan escoller 64 prazas de medicina familiar. Acreditación solicitada pola Administración autonómica en novembro.
FEIJÓO PEDIU AO GOBERNO CENTRAL INCORPORAR 64 PRAZAS DE MÉDICOS DE FAMILIA AO MIR DESTE ANO PARA PALIAR O DÉFICIT DE PROFESIONAIS

