Os mariscadores de Noia botarán o rastro a terra o mércores para dar descanso aos areais e poñer así fin a unha nova e exitosa campaña marisqueira. Os datos, tanto na extracción de bivalvo como de facturación, son espectaculares, rondando os 17 millóns de euros.O patrón maior, Santiago Cruz mostrouse satisfeitos pola campaña a pesar de tódolos contratempos que sufriron ao longo da mesma.
