De forma repentina. Así se apagaron as risas de Pedro Brandariz. O cómico faleceu o pasado 22 de febreiro tras sufrir unha indisposición cando se dispoñía a facer unha función escolar nun centro de Calo. Para homenaxear a súa figura, tan vencellada a Noia, a Sociedade Liceo acollerá o I Festival de Humor Pedro Brandariz.
